www.bestiario.com/mvcuc/d.php?id=272

DESDE EL OJO RUMIANTE QUE TODO CUANTO ALCANZA VE.... Había ocasións en que nin lembraba de que xeito chegara a min Wei. Eran aquelas nas que a tardiña se demoraba entre poemas esparexidos polo piso e copas dun saboroso mencía que eu mesma fora buscar á casa duns labregos de Sober, ao pé das escarpadas encostas da sacra ribeira do Sil.

Wei viñera da China como un deleitoso presente remoto e inesperado. Un día abrinlle a porta e decidiu, para a miña ventura, permanecer entre as catro paredes que mal me amparaban do (in)mundo. Todo o noso tempo compartido dedicabámolo a honrar os gozos máis suculentos. A nosa cama era un chan estrado de sabas, pezas de roupa en anarquía, alfombras, almofadas... e alí recitabamos en singular desafío: se eu traía á boca os versos de Afonso Eanes do Coton , Fernando Esquio ou Pero da Ponte, el veña a cativarme con Wang Wei, Li Po ou Su Shih; se eu respondía coas "Posturas pra copular en homenaxe" de Ferrín, el agasallábame con Shu Ting... e así decorrían as horas e os versos regados a cada pouco por aquel caldo morno e afroitado nacido nas terras de Lemos.

Ás veces ficabamos tan ebrios de viño e poesía que Wei se erguía para ofrecerme máis dos seus gostosos praceres —non me fose eu restrinxir a aquelas dúas delicias—. Entón fechábase na cociña e saía ao pouco envolto no arrecendo dun apetitoso arroz á cantonesa que eu servía para min na donda curvatura do seu lombo cóncavo. Daquela, mentres eu me afanaba cos dedos e coa lingua no arroz e nas súas costas, a Wei dáballe por deitar tinta sobre as sabas e escribir con mestría caligráfica os versos que outrora agromaran dos seus labios. E Li Bai desfilaba en estrofas debuxadas con arte milenaria e maxistral ante as miñas pupilas ávidas de lírica e de cereal: "os sensatos, os austeros fican sos e esquecidos... bebe...". E eu comía
.

Elvira Riveiro. Arroz á cantonesa. O ollo da vaca.

[Versión para imprimir] [Enviar]

Publicado el viernes, 6 de enero de 2006, a las 23 horas y 51 minutos








Ilustración de Toño Benavides
L M X J V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
  
  





Bitácoras de Bestiario.com:
Afectos Sonoros | Cómo vivir sin caviar | Diario de una tigresa
El mantenido | El ojo en la nuca | Fracasar no es fácil
La cuarta fotocopia | La guindilla | La trinchera cósmica
Letras enredadas | Luces de Babilonia| Mi vida como un chino



© Bestiario.com 2004
bestiario@bestiario.com

Un proyecto de TresTristesTigres